31/3/10

Un lingüista hindú, embaixador do Modelo Burela



(traductor gallego-español)


"Anik Nandi quixo coñecer en primeira persoa o día a día dunha vila na que o 80% dos seus habitantes falan habitualmente galego.

“Coñecer unha comunidade sen coñecer a súa lingua é como coñecer unha persoa sen coñecer a súa alma”. Así se expresa Anik Nandi (Burdwan, India) na súa visita a Burela, unha viaxe que non quixo deixar de facer para coñecer en primeira persoa o funcionamento do Modelo Burela, o plan lingüístico local que está a piques de cumprir xa dous anos de historia con meritorios éxitos (ver vídeo).

Coa experiencia de escoitar o galego falado nas grandes cidades galegas como A Coruña, Vigo, Ourense ou Ferrol, precisaba dun contexto no que o noso idioma fose xeneralizado e deu con Burela, onde é empregado polo 80% dos seus 12.500 habitantes, procedentes de 40 nacionalidades diferentes. Colaborar externo do ILGA, coñeceu ao profesor Bernardo Penabade (IES Perdouro de Burela) nun curso de doutoramento da USC e, dende entón, propúxose achegarse até a vila mariñá para interesarse, sen intermediarios, pola súa planificación lingüística.

Obradoiros de inglés co alumnado
Procedente dun país no que se empregan máis de 60 idiomas e no que existen evidencias da existencia dunhas 1.652 linguas maternas, Nandi é un entusiasta do galego. Así defende a súa escolla lingüística, malia as críticas recibidas por compañeiros e profesores en Burdwan, quen lle aconsellaba optar por outro idioma de estudo, como o catalán, con “máis bolsas para investigadores estranxeiros”. Porén, o bengalí defende, nun galego correcto malia autocalificalo como “moi xustiño”, que “é unha lingua con moita historia e moito futuro”.

Sobre a súa realidade plurilingüe falou a pasada fin de semana ante os estudantes preuniversitarios dos institutos Perdouro de Burela e San Rosendo de Mondoñedo. Esta actividade, enmarcada nuns obradoiros de inmersión na lingua inglesa, tivo por obxecto o fomento da fluidez comunicativa tanto no inglés como no galego. “Un éxito”, é o balance que fai Matías Nicieza, autor do documental que recolle as experiencias do Modelo Burela, os estudantes recibiron con moito interese a Anik Nandi e o intercambio foi produtivo para todos." (Vieiros, 30/03/2010)
Ligazóns
"En Burela temos os complexos lingüísticos todos superados, os de aquí e a xente de fóra"

No hay comentarios: